Caballero aposta por un Goberno galego que prime o “diálogo e cooperación” cos concellos

PSdeG

O secretario xeral do PSdeG e candidato á presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, chamou esta cuarta feira, a “pasar páxina da política da tensión e da confrontación de Feixoo para abrir unha nova páxina de futuro coa política de cooperación e colaboración” que, afirmou, representan as e os socialistas galegos. Así o dixo nun encontro con alcaldes e alcaldesas da provincia de Pontevedra.

O líder dos socialistas galegos apuntou que “necesitamos un goberno progresista á fronte da Xunta para que os concellos teñan un aliado para traballar a favor dos veciños e das veciñas”. Apostou por “mudar a política de confrontación de Feixoo, a súa ineficiencia para cumprir cos deberes e competencias da Xunta, a falla de sensibilidade social e nula capacidade de diálogo”.

Ante un posíbel escenario de adiamento das eleccións galegas do 5 de abril pola crise do coronavirus, que no estado español se celebraron comicios en "situacións moi complexas", como as estatais do 2004, tres días despois dos atentados do 11-M en Madrid.

En todo caso, matizou que, na medida en que hai un proceso aberto e a actual lexislación fixa a cita electoral, debe ser o presidente da Xunta o que traslade "a perspectiva" que se expón, "no canto de estar a lanzar rumores e xerando determinadas declaracións inadecuadas".

A ese respecto, subliñou que Núñez Feixoo e o seu goberno deben manter informados o resto de partidos políticos sobre a situación do coronavirus e as decisións que se tomen, para "garantir unha posición de país", e afeoulle ao presidente galego que anunciase nas últimas horas medidas que non foron previamente trasladadas nin dialogadas.

Comentarios