Sánchez transferiu a AP

Caballero aféalle ao PP que non transferise a AP9 cando gobernaba

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, puxo sobre a mesa na mañá desta sexta feira a transferencia da AP9. Acusou ao PP de non facer o traspaso “cando gobernaban”. “Agora formulan un programa de goberno totalmente manexado pola ultradereita”, engadiu.

DSC_2496 (1)

Caballero acusou esta mañá o PP de recentralizar competencias e de se abrazar a un programa de ultradereitas. Acusou o partido de Casado e Feixoo de carecer de credibilidade, pois “non fixeron o traspaso da AP9 cando gobernaban”.

Aínda que non se fixo efectiva a transferencia da autoestrada, mentres o PSOE posibilitou que Euskadi vaia ver transferida a AP68, puxo de manifesto que foron os socialistas quen lograron que “a transferencia da AP9 puidese ser sometida a debate”.

Caballero salientou en declaracións aos medios que o Estado español “foi a mellor”. Citou a suba das pensións e do salario mínimo e a universalización da sanidade. Subliñou, ademais, a “prioridade social fronte ao retroceso que implican a dereita e a ultradereita”.

Por outra banda, cargou contra o Goberno Raxoi por “orzar para Galiza 2.000 millóns de euros que non gastou”. Tamén acusou o PP de “bloquear” e de non permitir debater a transferencia da AP9 no Congreso.

Comentarios