Bugallo disputará a alcaldía de Santiago a Martiño Noriega

Acordo en Compostela sobre o candidato socialista ás municipais, mentres que na Coruña, Ferrol ou Ourense decidirase en primarias quen serán os cabezas de lista.

Sánchez Bugallo, PSdeG A Coruña
photo_camera Sánchez Bugallo

Sánchez Bugallo volve á area da política municipal, da que saíu en 2011 após perder contra Conde Roa (PP). O nome do que fora alcalde compostelán entre 1998 e 2011 levaba meses sonando nas quinielas para liderar o PSdeG na capital galega nas eleccións municipais de 2019. Finalmente, e grazas a un acordo entre diferentes sectores do partido para unha lista de integración, Bugallo aceptou dar a pelexa pola alcaldía de Santiago, agora en mans de Martiño Noriega (Compostela Aberta). Unha decisión, a de Sánchez Bugallo, que debuxa un escenario electoral diferente en Compostela ao que se contemplaba hai só uns meses. Todo aponta a que na capital galega van ser unhas eleccións desputadas.

En Vigo, Lugo e Vilagarcía goberna o PSdeG e os candidatos na cita das municipais serán, se non hai situación de continxencia maior, os actais alcaldes e alcaldesas destas cidades.  

Outra cousa é o resto das cidades galegas: A Coruña, Ferrol e Ourense, onde varias persoas se presentaron en cada unha delas para competir pola cabeza de lista socialista nesa cita de 2019. Haberá primarias (18 de novembro) opara que as bases elixan.

Na Coruña hai catro candidatos sobre a mesa. O ruxe ruxe que apontaba nestes meses a que o expresidente da Xunta González Laxe podería presentarse para pelexar pola alcaldía ficou niso, nun ruxe ruxe, e non se concretou. Si que presentan Rafael Arangüena, Juan Ignacio Borrego, Inés Rey e José María García (que tería aval de Gonzalo Caballero).

Cinco son as candidaturas que se presentan ás primarias en Ourense. O actual portavoz municipal, José Ángel Vázquez, competirá con Elena de Prada, Antón Alonso, Marcos Diéguez e Jainer Fitzgerald.

O senador Ángel Mato é unha das tres persoas que se presentan para liderar o cartaz municipal socialista en Ferrol. Considéraselle próximo ao presidente da Deputación da Coruña. Outro nome é o de Germán Costoya (cercano a Beatriz Sestayo) e o terceiro en liza, Antonio Golpe.

Comentarios