Bruxelas avala o goberno español nas multas a emigrantes retornad@s

A Comisión europea afirmou que non constitúe unha medida discriminatoria que a Facenda española sancione a milleiros de emigrantes galeg@s @s que reclama multas por non declarar as pensións percibidas do estranxeiro.  

Manifestación Emigrantes Retornad@s
photo_camera Manifestación Emigrantes Retornad@s

A Unión Europea posicionouse a favor do Estado español. A través dunha pregunta formulada polo eurodeputado Iñaki Irazabalbeitia (ALE/Os Verdes) a Comisión europea afirma que "non supón, en principio, unha discriminación" e rexeitou adoptar medidas contra o goberno de Mariano Rajoy. 

No último ano milleiros de emigrantes galeg@s iniciaron unha mobilización continuada pola decisión de Facenda de multar @s xubilad@s que perciben pensións doutro país. O colectivo de 'emigrantes retornad@s' --como se deu a coñecer-- abrangue 250.000 persoas que foron sancionadas pola Axencia Tributaria acusad@s de non tributaren. Neste senso, reclámanlles multas desde 2008 --ano en que se aplicou unha reforma lexislativa pola que se obriga a este tipo de pensións (superiores a 11.200 euros), que xa foron declaradas nos países de orixe, a tributar tamén no Estado español. 

Segundo a Comisión europea o dereito comunitario recoñece que se pode tributar polo mesmo en dous países, embora @s afectad@s non foran informad@s nen tiveren constancia desta reclamación até o pasado ano. Mais Bruxelas apela á competencia dos Estados membros para fixaren a súa propia política fiscal para rexeitar adoptar medida algunha perante o que o colectivo de emigrantes retornad@s tilda como "fraude". 

Comentarios