Breogán Riobóo destitúe 3 cargos do Consello de Coordenación de Podemos

Serían Adrián Fuenseca (responsábel da área de Redes sociais), Lourdes Sylla (Cultura) e Sigrid Campo (audirtoría e democracia). Dos nove integrantes orixinais da executiva do partido en Galiza que se elixiu hai menos dun ano xa só ficaría un. 

breogán
photo_camera Breogán Riobóo

O secretario xeral de Podemos-Galiza, Breogán Riobóo, destituiu esta fin de semana 3 integrantes do Consello de Coordinación (equivalente á Executiva), segundo informa La Voz de Galicia. Unha decisión que se coñece apenas pasadas unhas horas de saberse que Riobóo cesara o número 2 do partido en Galiza e responsábel de Organización, Borja San Ramón. O argumento, segundo o diario coruñés, é o mesmo nos catro casos: perda de confianza.

Adrián Fuenseca (responsábel da área de Redes sociais), Lourdes Sylla (Cultura) e Sigrid Campo (audirtoría e democracia) serían os tres cargos destituidos por Riobóo, un paso que viría a suliñar os problemas internos que no noso país existen no partido de Pablo Iglesias, que vive unha pugna interna. A desautorización de Iglesias a Riobóo cando este afirmaou que Podemos podería concorrer en solitario nas galegas habería que lela no marco desa lea interna. O home de confianza de Iglesias en Galiza, o deputado Gómez Reino, xa non fai parte do Consello de Coordenación após o salto ao Congreso. Mais, segundo di La Voz citando fontes de Podemos, Gómez Reino tentou manter esta fin de semana unha xuntanza con Riobóo para tratar a crise que vive o partido en Galiza, mais sen éxito. Riobóo contaría nesta lea co apoio dalgúns responsábeis de Podemos nas cidades do país.

Do Consello de Coordinación elixido o pasado mes de marzo xa só ficaría un dos seus integrantes orixinais. Polo camiño foron 'quedando' integrantes como Carme Santos, a máis votada pola filiación, que marchou no vrán lamentando a escasa “trasparencia” e “participación” na xestión do partido.

Comentarios