Borrell pide en Ourense unha maioría "suficiente" para frear as dereitas

O ministro de Exteriores, que se disculpou por non saber falar galego, pediu unha “maioría” que permita ao socialismo “gobernar de acordo cos nosos valores”.

borrell e caballero
photo_camera Foto: PSdeG

Josep Borrell protagonizou o mitin do PSOE en Ourense, no que estivo acompañado polo secretario xeral do PSdG, Gonzalo Caballero. Alí instou os votantes socialistas a “non fiarse” dos bos resultados que prognostican as enquisas e que vaian a votar o 28. “Non está todo feito”, afirmou e lembrou o que pasou en Estados Unidos ou Andalucía, onde as sondaxes non previron as vitoras de Trump ou das dereitas.

Borrell, que se disculpou por non poder falar en galego, afirmou que “temos que conseguir unha maioría suficiente que nos permita gobernar de acordo cos nosos valores e principios”.

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, de por parte, sinalou como os dez anos de Feixoo na Xunta supuxeron un empeoramento da calidade de vida dos galegos e galegas. Contrapuxo iso  co goberno socialista de Pedro Sánchez, de quen dixo que en 10 meses foi quen de “gobernar para a maioría” con medidas como a suba das pensións ou do salario mínimo. Gonzalo Caballero chamou a que “ningún voto de progreso quede na casa”.

Comentarios