Borrar a memoria da loita veciñal de Redondela contra o 'scalextrix'

AER acusa o Concello de eliminar o único vestixio que ficaba daquelas mobilizacións de finais dos 70 contra unha obra cualificada de “navallada no corazón da vila”.

mural redondenla
photo_camera Foto do mural, xa inexistente.

A finais dos anos 70 veciñanza de Redondela mobilizouse contra a construción do 'Scalextric' ou 'Desviación', unha obra que deu prioridade ás necesidades do tráfico rodado, alterando a vida e deseño da vila e a calidade de vida dos seus habitantes. Como a súa xemelga do 'scalextric' de Vigo, na Rúa do Lepanto. Este eliminouse, o de Redondela, porén, permanece.

Daquela loita ficaba un único vestixio: o mural pintado daquela no propio lateral desa infraestrutura. Unha mostra de patrimonio inmaterial e cultural da vila, segundo AER (Agrupación de Electoras de Redondela), que vén de denunciar a súa destrución polo Concello. Unha manifestación da mobilización social fronte a unha “aldraxe cometida desde a administración central, gobernada daquela pola UCD”.

“Esnaquizaron unha manifestación cultural popular que lembraba parte da nosa historia”, denuncia AER, que engade esta acción responde á “falla de sensibilidade do alcalde”, Javier Bas.

Esta agrupación anima o rexedor redondelán que se quere facer desaparecer vellos graffitis ou murais “que se atreva e elimine as pintadas fascistas da fachada da Igrexa de Redondela”.

Comentarios