O borrador que propón Feixoo leva as eleccións a dous meses após a fin do estado de alarma e apunta ao outono

O proxecto de decreto que o presidente da Xunta, Núñez Feixoo, propón ás principais forzas políticas, implica retrasar as eleccións galegas, convocadas para o 5 de abril, ata xusto antes do verán ou do outono, cando esgotaría a lexislatura.
EuropaPress_2720454_titular_do_goberno_galego_manten_unha_videoconferencia_cos_representantes

Fontes consultadas por Europa Press suxiren que o outono é a opción máis viábel, xa que incluso os escenarios de control de virus máis optimistas non deixarían moito espazo antes do verán. E no verán, a priori, hai coincidencia en que non tería ningún sentido realizar a cita electoral.

En concreto, o borrador que a Xunta propón distancia dous meses a nova cita electoral do fin do estado de alarma, unha decisión que se diferencia da proposta que se acordou en Euskadi, e que habilita o presidente vasco para redactar o novo decreto convocante eleccións.

Feixoo e os líderes do PSdeG, Gonzalo Caballero, Galicia en Común, Antón Gómez-Reino, BNG, Ana Pontón e Ciudadanos, Beatriz Pino, volveron reunirse esta terza feira. A reunión estaba prevista para as 12.00 horas, pero foi aprazada ata as 12.45 horas, segundo informou a Xunta.

O proxecto de decreto, a cuxo contido e tivo acceso Europa Press, afirma que as eleccións suspenderanse "a todos os efectos" e propón retomar o proceso electoral na "data máis próxima posíbel" ao levantamento do estado de alarma.

O presidente resérvase o dereito a convocar a data e a duración da campaña electoral nun novo decreto da Xunta. Ademais, propón que as eleccións non se poidan realizar nos meses de verán, polo que leva á súa celebración no outono.

Comentarios