BNG di que o 5A “urxe deixar atrás os dez anos de desfeita"

A viceportavoz parlamentar, Olalla Rodil, defende o “proxecto serio” do nacionalismo como garantía para “poñer en marcha” Galiza após o 5A

Olalla Rodil, número un do BNG ao Congreso por Lugo. 10-N eleccións estatais (2)

A viceportavoz parlamentaria, Olalla Rodil, idnicou que as elección do 5 de abril son una oportunidade para “deixar atrás os dez anos de desfeita do mandato de Feixóo” e dar portazo a “unha década de parálise e pasar páxina dun Goberno do PP esgotado e fracasado”.

Após a reunión informal da Xunta de Portavoces, Rodil sinalou que o BNG xa empezou a traballar para enfrontar a campaña electoral, “con forza e coa ilusión de abrir un tempo novo neste”.

Rodil insistiu en que o BNG está “preparado, cos deberes feitos e convencido de que pode liderar ese cambio real”, e insistiu en que a formación nacionalista concorrerá ás eleccións con seu proxecto e coa súa candidata, o que non impide que teña a man tendida para todas as persoas que aposten por abrir un tempo da man dunha forza de país,.

Comentarios