BNG afirma que o 21D gañou "a democracia e a liberdade"

O resultado deica "unha maioría soberanista clara" nunha xornada "con partici`pación histórica".

DRjoyzFX0AAX6pe
photo_camera DRjoyzFX0AAX6pe

O BNG considera que o 21D constatou "unha maioría soberanista clara, reforzada por unha participación histórica", un escenario que debe levar o goberno español "a rectificar e facilitar a única saída posíbel a este conflito: o recoñecemento do carácter plurinacional do estado, é o dereito de autodeterminación".

Así o sinala nun comunicado no que afirma que "in as porras, nin a inxusta cadea, nin a aplicación do 155 foron quen de dobregar a vontade maioritaria dun pobo" ao tempo que parabeniza ao conxunto da sociedade catalán por unha xornada na que "gañou a democracia e a liberdade"

Comentarios