O BNG cualifica a sentenza de Estrasburgo de "bochorno xurídico e político" para o Estado español

A organización frontista valora nun comunicado a sentenza emitida polo Tribunal de Estrasburgo e di que esta "cuestiona a política penitenciaria" do Estado español. O Bloque exixe, asemade, que os organismos xudiciais "acaten" o fallo e "restitúan a legalidade violentada".

O BNG emitiu esta terza feira un comunicado de imprensa con motivo da sentenza ditada polo Tribunal europeo de Dereitos Humanos. Para a organización frontista a Corte europea "restitúe" no seu fallo "os dereitos vulnerados polo Estado español" . 

Desde o Bloque entenden que a aplicación da doutrina Parot supón "un claro exemplo de aplicación ilegal da lexislación" en tanto, din, "supón unha violación dos dereitos individuais" e unha "inseguridade xurídica" que non foron correxidas, engade, nin polo Tribunal Constitucional nin polo Supremo. Ambas as dúas entidades fican agora, indica o BNG, "en entredito"c após a sentenza de Estrasburgo.

O BNG pide a aplicación "inmediata" da sentenza e, aiás, sinala que a mesa pon en "cuestión" a política penitenciaria do Estado español, "un bochorno xurídico" para Europa.