MUNICIPAIS 2015

BNG: o PSOE impulsa o "transfuguismo" en Sobrado

Catro concelleiros nacionalistas marcharon ao PSOE e encabezarán a candidatura da formación de Pedro Sánchez. A dirección do Bloque considera que “son modos da vella política” e garante que haberá candidatura do BNG en Sobrado dos Monxes nas municipais do 24M. 

sobrado-dos-monxes

O BNG “lamenta e condena” o que cualifica como “operación de transfuguismo político impulsada polo PSdeG-PSOE” no Concello de Sobrado dos Monxes, en referencia á marcha de catro concelleiros nacionalistas para encabezar a candidatura dos socialistas nese concello nas municipais. A dirección do Bloque afirma que con esta “acción eticamente reprobábel” e feita “a menos de 24 horas do peche das candidaturas aos comicios municipais do 24 de maio”, López Besteiro “pretende agochar a súa falta de implantación política neste concello coruñés”. Porén, di a fronte nacionalista, o BNG vai presentar candidatura en Sobrado.

@s nacionalistas están convencidos de que nas municipais a veciñanza de Sobrado “vai censurar o comportamento do Partido Socialista nas urnas, por pretender suplantar con oportunismo electoral a súa falta de representación en Sobrado dos Monxes”.

Comentarios