BNG urxe Feixoo mercar material sanitario e realizar probas de diagnóstico nas residencias

Ana Pontón nunha rolda de prensa [Imaxe: Arquivo].
photo_camera Ana Pontón nunha rolda de prensa [Imaxe: Arquivo].

O BNGinsta ao presidente da Xunta, Núñez Feixoo, a "poñer en marcha un plan B" para "mercar matrial sanitario directamente desde Galiza" e realizar probas de diagnóstico de coronavirus a todo o "todo o persoal e usuarios" das residencias de maiores, onde apareceron varios casos positivos.

Ademais de trasladar todo o seu "apoio" ao goberno galego para "buscar alternativas", pediulle ao Executivo "actuar ante a falta de material sanitario" que se percibe en Galiza, territorio que o propio Feixoo reoñeceu que "leva máis dunha semana sen recibir subministracións do Ministerio de Sanidade"

Estas medidas de carácter "urxente" son as que a portavoz nacional do Bloque, Ana Pontón, transmitirá este domingo ao xefe do Goberno galego nunha reunión por videoconferencia que os líderes de partidos políticos galegos manterán con Feixoo

Nela tamén proporá que se realice a proba a todas as persoas que traballan ou residan en residencias de maiores, unha "medida de prevención, detección e control" para un dos "grupos máis vulnerábeis" nesta pandemia.

O BNG transmitiu a "preocupación compartida co Goberno da Xunta" pola falta de medios, pero cren que non poden aguantar "de brazos cruzados" á espera de reaccións do Ministerio de Sanidade.

Por outra banda, o BNG tamén lle transmitirá a Feijóo a necesidade de "garantir a seguridade económica" para toda a cidadanía galega que vexa afectados os seus ingresos, nomeadamente no caso dos autónomos. En Galiza hai 217.332 autónomos e autónomas, o que supón 21% das afiliacións á seguridade social. O Bloque pon sobre a mesa unha axuda de pago único de entre 1.500 a 2.000 euros, en función das súa situación persoal e familiar, un pago a conta dos orzamentos da Xunta, polo tanto desde o Goberno galego que se sumaría as axudas mensuais habilitadas polo Estado

Noutra orde de cousas, Pontón exporá o "papel" que debe desenvolver o Parlamento galego nesta situación excepcional.


 

Comentarios