28-M

O BNG terá a Alcaldía de Samos a pesar da suba do candidato do PP, fillo do alcalde do PSOE

A maioría absoluta, sumaríana as candidaturas de BNG e PSOE. Os socialistas perderon tres concelleiros, pasando de cinco a dous, pero o BNG aumentou dun a tres, co que ambas as forzas alcanzarían cinco e a Alcaldía sería para os nacionalistas.
Casa do Concello de Samos (Foto: Turismo en Lugo).
photo_camera Casa do Concello de Samos (Foto: Turismo en Lugo).

O fillo do até o de agora alcalde do PSdeG de Samos, Miguel Gallego, logrou ser a lista máis votada neste municipio da comarca de Sarria liderando a lista do PP, aínda que non alcanzou os cinco concelleiros necesarios para a maioría absoluta.

Alcaldía do BNG

A maioría absoluta, sumaríana as candidaturas de BNG e PSOE. Os socialistas perderon tres concelleiros, pasando de cinco a dous, pero o BNG aumentou dun a tres, co que ambas as forzas alcanzarían cinco e a Alcaldía sería para os nacionalistas.

O actual rexedor de Samos, Julio Gallego, pai do cabeza de lista popular, ostenta a alcaldía baixo as siglas do PSOE, aínda que ha avanzou que non se presentaría á reelección e, de feito, deixou de abonar a súa cota como afiliado.

O PP aumenta representación

Paralelamente, o PP fichaba como cabeza de lista para este 28-M ao fillo do actual rexedor, Miguel Gallego, de 25 anos, que conseguiu aumentar o apoio dos populares no municipio, ao pasar de dous edís en 2019 aos catro actuais.

De feito, obtivo 43,05% dos votos, frente a 22,55% dos anteriores comicios, mentres que os socialistas levaron 21,07% dos votos, fronte a 51,33% da candidatura que liderou seu pai. A segunda forza foi, de feito, o BNG, co 29,27% dos votos.

Comentarios