O BNG suspende os actos de precampaña da fin de semana

As nacionalistas tiñan previstos diferentes encontros.

Acto de presentación de Ana Pontón, candidata á presidencia da Xunta polo BNG (Imaxe: BNG)
photo_camera Acto de presentación de Ana Pontón, candidata á presidencia da Xunta polo BNG (Imaxe: BNG)

O BNG decidiu suspender os actos de pre campaña da fin de semana. Antes da decisión, A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, asegurou que a súa formación acatará "calquera proposta" que conte con "aval científico" sobre a realización das elección galegas e que "se considere que sexa necesaria para frear a crise do coronavirus".

"Nós imos estar ao que nos diga a ciencia. Isto é unha cuestión moi importante", manifestou en declaracións aos medios, que considerou que "a cuestión chave" é "salvagardar" e "pór por diante sempre a saúde das persoas".

Ademais, Pontón, que mostrou o seu desexo de non aventurar unha resposta que poida dar pé a interpretacións que xeren "máis incerteza", agradeceu que Núñez Feixoo recollese "a proposta que fixo o BNG" para que haxa un encontro entre todos os partidos para abordar a situación.

Comentarios