ACUSA O PP DE "CRIMINALIZAR IDEAS"

O BNG manifesta a súa "repulsa" ante a ilegalización de Causa Galiza

A Executiva Nacional da formación frontista alerta sobre o “acelerado retroceso no exercicio de dereitos democráticos que se está a dar na Galiza”.

O órgano de dirección do Bloque denuncia publicamente o “ataque aos dereitos democráticos” que representa a suspensión da actividade de Causa Galiza. A ilegalización desta organización independentista e as detencións que tiveron lugar na sexta feira responden, segundo o BNG, a un “marco legal español progresivamente máis represivo” e perseguen “a prohibición da expresión de opinións políticas”.

Por último, o BNG, que critica o “papel político da Audiencia Nacional” e acusa o PP de criminalizar ideas para "facer a súa propia campaña electoral e mediática", esixe o respecto á intimidade das persoas detidas e da súa contorna persoal, así como o respecto á presunción de inocencia, e advirte do “sufrimento innecesario aos detidos e ás súas familias”.
 

Comentarios