CO APOIO DUN "TRáNSFUGA" DO PSOE

O BNG responsabiliza a Feijóo da moción de censura contra o alcalde de Boimorto

O Bloque Nacionalista Galego responsabiliza directamente o presidente da Xunta e do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, de “auspiciar” a moción de censura contra o alcalde de Boimorto, o nacionalista Xosé Lois Rivas, “Mini”.

A través dun comunicado, o BNG responsabiliza “directamente” a Feijóo da moción de censura presentada esta sexta feira (31 de xullo) contra o alcalde de Boimorto, Xosé Lois Rivas, “Mini” (BNG). A formación nacionalista acusa o PP de “botar man dun tránsfuga” para obter unha mayoría “que os vecinos de Boimorto lle negaron o 24 de maio”.

Para o BNG trátase dunha “manobra política que se empezou a fraguar ao día seguinte da elección do alcalde”. O Bloque pon en cuestión a legalidade da moción, pois podería vulnerar a normativa vixente en materia de transfuguismo. Neste contexto, solicítalle á Xunta Electoral que “dinamite” a manobra política.

O resultado das eleccións locais déronlle dous concelleiros ao BNG, catro ao PSOE e cinco do PP, o que permitiu un pacto para gobernase o nacionalista co apoio do PSOE. De proposperar a moción presentada por cinco edís do PP co apoio dun concelleiro do PSOE, o Goberno local de Boimorto cambiaría de cor política. Os censores proponen o edil do PP Gonzalo Concheiro Coello –candidato á Alcaldía polo PP- para que asuma o bastón de mando.

Comentarios