“Defendemos o empoderamento de Galiza”

O BNG repasa nun vídeo dous anos de liderado de Ana Pontón

Hai dous anos que Ana Pontón asumía a portavocía nacional do BNG. A organización nacionalista vén de publicar nas redes un vídeo en que repasa os principais eixos políticos do seu liderado e ofrece unha visión de futuro: “Precisamos defender o empoderamento de Galiza”.
 

A peza audiovisual, de cinco minutos de duración, acompaña a Pontón -tamén portavoz parlamentaria do Bloque- durante unha xornada de traballo. “Foron dous anos moi intensos no político e no persoal”, explica. A “solidez” da base militante e da dirección frentista, añade, contribuíron a reforzar o BNG que, “se non existise, habería que inventalo”.

O apoio á folga feminista do 8 de marzo, a denuncia do espolio enerxético ou da privatización das autoestradas, ou a situación de precariedade laboral son algúns dos temas tratados e que estruturaron a política do Bloque nos dous últimos anos. “Somos un país rico empobrecido por políticas que nos marxinan”, resume.

Comentarios