O voto do PP impide unha proposta para paralizar a actividade de Elnosa

Luis Bará presentou unha proposta non de lei no Parlamento que solicitaba desbotar ampliar a concesión á factoría de cloro nos terreos de dominio público que ocupa. O PP tombouna.

[Pontevedraviva] elnosa

Elnosa tería que comezar o cesamento da súa actividade industrial en Lourizán o 31 de decembro de 2016 mais a Xunta decidiu prorrogar un ano máis a autorización ambiental, atendendo así a petición da dirección desta factoría de cloro. O Concello de Pontevedra decidiu, ao se coñecer o acordo da Xunta, presentar un contra esa decisión.

O deputado do BNG, Luís Bará defendeu esta terza feira no Congreso unha proposición non de lei para iniciar os trámites do cesamento da actividade de Elnosa en Lourizán , desbotar a ampliación da concesión dos terreos de “dominio público” marítimo terrestre que ocupa e instar o Goberno galego a dirixirse ao Ministerio de Medio Ambiente para a recuperación dos mesmos.

 Bará  lembrou que o PP no ano 2013 chegou a un acordo coa empresa para o traslado da factoría e que a propia compañía se comprometía a procurar unha nova. Mais todo iso ficou en nada e Elnosa continúa en Lourizán. O deputado nacionalista lamentou que desde o PP se “con tanto énfase” a permanencia sta factoría de cloro.

O PP votou en contra da proposta, impedindo que esa proposición fose aprobada.

Comentarios