O BNG reclama “depurar responsabilidades políticas” pola sentenza que condena a ex-dirixentes das caixas

Os nacionalistas acusan a Xunta de dar “un tempo extra” aos directivos das entidades para se “beneficiar” das indemnizacións millonarias.

franscisco jorquera bng parlamento

O BNG considera que é tempo de “depurar responsabilidades políticas” após a sentenza da Audiencia Nacional que condena catro ex-altos cargos das antigas caixas de aforro por “administración desleal e apropiación indebida”. O deputado nacionalista Francisco Jorquera, afirmou na Comisión de Economía do Parlamento, que o acontecido foi posíbel grazas a que o Banco de España non exerceu a súa obriga de tutela das caixas e a que a Xunta, “con competencias exclusivas” sobre as caixas, non velou polo seu bo goberno.

O portavoz parlamentar do BNG criticou que a Xunta concedese “tempo extra” os directivos para se beneficiar de indemnizacións millonarias, ademáis de reprochar o PP que manteña a comisión de investigación “en paradoiro descoñecido”.

Lembrou Jorquera que a Lei de Caixas, a iniciativa do BNG, contemplaba medidas como a de forzar a marcha dos antigos dirixentes das entidades. “Mais PP e PSOE modificaron iso permitindo continuar nos seus cargos”.  

Comentarios