POLÍTICA

BNG reclama a Caballero que free a moción de censura pactada co PP en Catoira

A formación nacionalista manifesta a súa sorpresa polo feito de que, a menos de dous mes das eleccións, o PSdeG pacte co PP en contra do Bloque para repartirse a permanencia na Concello de Catoira nunha especie de "turnismo".

O alcalde de Catoira, Xoán Castaño (arquivo/EP).

Alcalde de Catoira, Xan Castaño (BNG)

  (Foto de ARCHIVO)

3/3/2020
photo_camera O alcalde de Catoira, Xoán Castaño (arquivo/EP).

O Goberno municipal de Catoira, liderado polo nacionalista Xoán Castaño, enfróntase esta quinta feira a unha moción de censura impulsada polo pacto entre o Partido Popular e o PSdeG

Desde a dirección nacional do BNG manifestan a súa sorpresa polo feito de que, a menos de dous meses das eleccións galegas, as socialistas pacten co PP en contra do Bloque para repartirse a permanencia nesta alcaldía, no que cualifican como "unha especie de turnismo no cargo a tempos iguais".

A coordinadora de política municipal do BNG, Eva Vilaverde, salienta que a moción de censura que se debaterá mañá ás 12 horas é "lamentábel" e un "grave erro" do PSdeG, que lle vai "facilitar" a alcaldía ao PP. O proceso adiárase pola declaración do estado de alarma

Desde a formación nacionalista preguntan ao partido de Gonzalo Caballero se esa "é a maneira que ten o Partido Socialista de entender o cambio en vésperas de celebrarse as eleccións galegas". "Está nas mans do PSdeG parar esta moción de censura e evitar que o PP goberne en Catoira co seu beneplácito", asevera Vilaverde.

O BNG reclama á dirección do PSdeG que tome "cartas inmediatas no asunto" para pórlle freo a esa moción de censura "man a man co PP", ao tempo que reafirma o seu compromiso para "conseguir un cambio real na Galiza" que pasa porque o PP perda a maioría absoluta nos comicios do 12 de xullo "para abrir un tempo novo" que aspiran a liderar, "como única garantía dun cambio real".

Xoán Castaño accedeu á alcaldía de Catoira nas eleccións municipais do pasado mes de maio cos votos do PP, sendo a lista máis votada a do PSdeG, polo que foi suspendido temporalmente de militancia no seu momento. 

As nacionalistas censuran que o "transfuguismo" non pare "nin siquera en estado de alarma" e agardan unha resposta da formación liderada por Caballero que chegue antes do pleno de mañá.

Comentarios