BNG e PSdeG piden “explicacións” á Xunta pola vacinación da delegada de DomusVi: “É unha labazada á dignidade de Galiza”

Ana Pontón insta a que se asuman responsabilidades e a socialista Marina Ortega pide que Feixoo dea explicacións no Parlamento.

 

Alberto Núñez Feixoo entregando a Medalla de Ouro do Círculo de Empresarios da Galiza a Josefina Fernández Miguélez. (Foto: Nós Diario)
photo_camera Núñez Feixoo impuxo en 2016 a medalla de ouro do Círculo de Empresarios de Vigo a Josefina Fernández, máxima executiva de DomusVI (Imaxe: circulo.gal)

A vacinación de Josefina Fernández, conselleira delegada de DomusVi, e do seu irmán está a xerar un amplo malestar entre familiares dfe usuarios das residfencias, sindicatos e tamén as forzas da oposición. A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, considerou que a vacinación de Fernández supón unha "labazada" á dignidade de Galiza” e insta aá Xunta a dar explicacións e asumir responsabilidades.

Pontón asegurou que o feito de que persoas “salten a lista" á hora de porse unha vacina cando "hai miles á espera" supón unha "falta" da "mínima decencia". "É unha labazada a dignidade deste país", sostivo a nacionalista, que lembrou que os xeriátricos de DomusVi foron un dos lugares nos que máis impactou a Covid e criticou a "cara dura" da conselleira delegada ao "romper todos os protocolos" para inmunizarse.

"Creo que é impresentábel, pero a Xunta debe de explicar como é posíbel que unha persona que non forma parte dos colectivos proritarios recibe esta vacina", manifestou Pontón, que asegurou que hai "unha responsabilidade" por parte do Goberno galego que alguén debe de asumir.

O PSdeG instou o presidente da Xunta a explicar na Cámara galega as vacinacións "irregulares" na Galiza, como a  da conselleira delegada de DomusVi, Josefina Fernández, da alcaldesa de Boimorto, María Jesús Novo, e os erros na lista da área sanitaria de Pontevedra.

A portavoz de Política Social do Grupo Parlamentario Socialista, Marina Ortega, manifestou que “non podemos consentir este tipo de cuestións xa que están pendentes moitísimas persoas vulnerábeis ás que hai que blindar e seguir o proceso de forma sistemática e optimizada", manifestou a parlamentaria do PSdeG.

Ortega subliñou que tanto o presidente como as consellerías competentes deben explicar este tipo de "irregularidades" con "urxencia".

"A Xunta proporciona a vacina a estas persoas antes que outras que están pendentes, como son os sanitarios que están na primeira liña", censurou a deputada.

Comentarios