O BNG presenta recurso perante o Constitucional contra o ‘amordazamento’ do Parlamento

Rexistrará esta segunda feira o recurso de amparo no Tribunal Constitucional contra os recortes en iniciativas e tempos ao grupo parlamentar nacionalista.

BNG mordaza Parlamento

O BNG xa advertira a comezos de febreiro, cando se coñeceu o pacto PP/PSOE para reducir a capacidade de facer oposición do Bloque e AGE co recorte en iniciativas e tempo, que ía recorrer a todos os medios legais para frear esa proposta. “Non imos permanecer parados ante ese pacto. Presentaremos un recurso perante a Cámara, recurso que estamos a ultimar. De non aceptalo, pediremos recurso de amparo no Tribunal Constitucional” manifestaba a Sermos Galiza o portavoz parlamentar do BNG, Francisco Jorquera.

Esta segunda feira, en Madrid, unha delegación do BNG da que formarán parte, ademais de Jorquera, o portavoz nacional, Xavier Vence, e a deputada Carme Adán, rexistrará o recurso de amparo no Tribunal Constitucional. Un recurso que vén precedido de diferentes iniciativas e medidas, dentro e fóra da Cámara, para denunciar a pretensión do PP de ‘amordazar’ o Parlamento. 

Comentarios