O deputado do Bloque Nacionalista no Congreso, Néstor Rego, condiciona o seu voto afirmativo ao candidato socialista ao Goberno do Estado, Pedro Sánchez, a que se "concreten" cuns orzamentos e uns prazos determinados as medidas que lle formulou ao PSOE nas súas conversas para sacar adiante a investidura.
Até o día de hoxe mantiveron dúas reunións e as negociacións, segundo trasladou a formación nacionalista, están paradas desde os festivos de Nadal. A posición do BNG non mudou desde o inicio e os asuntos urxentes para o partido galego pasan por aprobar un estatuto que permita a viabilidade das industrias electrointensivas no país e camiñar cara a unha tarifa eléctrica propia, así como por retomar a transferencia da autoestrada AP-9 á Xunta comezando, cunha rebaixa das peaxes.
A información íntegra pode consultala na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube.