O BNG pide que se retire a obriga de informe médico para que as persoas con discapacidade poidan casar

Após a reforma do código civil, desde xullo de 2017 se algunha das persoas contraentes ten deficiencias mentais, intelectuais ou sensoriais deberá ter ditame médico sobre a súa aptitude para casar.

cego baston

O BNG pide que se retire a obriga de informe médico para que as persoas afectadas por discapacidade (mental, sensorial ou intelectual) poidan contraer matrimonio. Faino a través dunha proposición non de lei presentada pola deputada Montse Prado e que agarda que teña o apoio do resto de formacións na Cámara galega.

A partir do 30 de xuño de 2017 entrará en vigor a reforma do Código civil, unha reforma que se modifica o artigo 56, que pasa a establecer que se algunha das persoas contraentes está afectada por deficiencias sensoriais, intelectuais ou mentais,esixirase polo Secretario Xudicial, “ditame médico sobre a súa aptitude para prestar consentimento”. Esta exixencia supón, afirma Prado, Unha “barbaridade, un despropósito, unha discriminación inaceptábel” que afecta a miles de persoas, cuxas deficiencias 3en absoluto afectan para comprender o significado do matrimonio nin para prestar o consentimento ao mesmo. A proposición non de lei presentada polos nacionalistas liga coas demandas neste sentido realizadas desde diferentes colectivos e entidades de colectivos de persoas con discapacidade, como Cogami.

Así a proposta do BNG procura que o goberno galego pide ao executivo español a  modificación do artigo 56 do Código Civil antes da súa entrada en vigor e que se sustitúa polo texto que propoñen desde as asociacións de discapacidade: “Quenes desexen contraer matrimonio acreditarán previamente en acta ou expediente tramitado conforme á lexislación do Rexistro Civil, que reúnen os requisitos de capacidade e a inexistencia de impedimentos ou a súa dispensa, de acordo con previsto neste código. As persoas con discapacidade que precisen apoios para a toma de decisións non poderán ser excluídas por motivo da súa discapacidade do dereito a contraer matrimonio, sendo obriga das autoridades e persoal que interveñen nestes procesos prover dos apoios precisos para a formación e emisión do seu consentimento”

Comentarios