O BNG pide que non se financie con diñeiro público precariedade laboral para a mocidade

Os nacionalistas presentaron unha proposición non de lei para que contratos en formación para o estudantado e as prácticas laborais sexan remuneradas ao 100%. Foi rexeitada cos votos do PP.

Reforma laboral, máis desemprego

O BNG presentou unha proposición non de lei dirixida a evitar que diñeiro público forneza a precariedade laboral para a mocidade, solicitando que os contratos en formación para o estudantado e as prácticas laborais sexan remuneradas ao 100%. A deputada Montse Prado demandou un plan que evite o destino dos fondos públicos  para un modelo de  contratación que substitúe postos de traballo.

Recalcou a parlamentar do BNG que na actualidade os mozos e mozas con máis de trinta anos e  cun contrato  de formación, “cobran 426 euros” pero tamén  estamos, dixo, ante contratos da mocidade entre 20 e 24 anos con condicións lamentábeis e precarias que son  contratados en practicas por “períodos cada vez máis longos”.

Así o goberno pode “maquillar as cifras de desemprego” porque o único dato de contratacións que sobe é a dos contratos de formación. A iniciativa do BNG foi rexeitada polo grupo maioritario do PP:

Comentarios