O BNG pide pór en marcha un Consello de Informativos nos meios públicos galegos

O PP votou en contra. A constitución do Consello de Informativos e a elaboración do Estatuto Profesional é unha demanda dos comités de empresa da TVG e da RG, respaldada no seu momento por 354 asinaturas de traballadoras e traballadores.

prado
photo_camera Montse Prado nun debate parlamentar

Na defensa da súa proposta, a parlamentar do BNG dixo que quer a TVG quer a Radio Galega deben garantir o dereito das galegas a dos galegos a accederen a unha “información obxectiva, veraz e imparcial”, algo que, salientou, neste momento non acontece, tal e como denuncian @s proprios traballador@s dos meios públicos.

Lembrou a este respeito que no mes de xuño pasado os comités de empresa da TVG e RG, respaldados polas asinaturas de 345 traballadoras e traballadores dos meios públicos galegos, demandaban a creación dun Consello de Informativos e dun Estatuto Profesional, medidas que visaban pór fin á “manipulación informativa”.

O BNG, dixo, continuará a defender os meios de titularidade pública “aínda que o PP nolo poña moi difícil” porque “a democracia e Galiza necesitan deses meios”.

“Defendemos unha radio e televisión pública que fagan de Galiza o seu centro de comunicación e que non secundaricen a información e a realidade galega”, alegou.

Comentarios