O BNG pide que a estación intermodal de Compostela se chame Daniel Castelao

Pide que se integre no propio deseño do proxecto a tipografía e a  obra gráfica do rianxeiro.

estacion intermodal compostela

A portavoz municipal do BNG, Goretti Sanmartín Rei, defenderá no vindeiro Pleno unha moción para designar co nome de ‘Daniel Castelao’ a estación intermodal de Santiago de Compostela. A nacionalista propón que , con motivo das obras para a dotación da estación intermodal, se integre no propio deseño do proxecto a tipografía e a  obra gráfica de Castelao “para alén de usar o seu interior como espazo expositivo permanente que contribúa a dar a coñecer a súa traxectoria cultural e política“.

Sanmartín considera que o compromiso para o país de Castelao ben merece que a estación leve o seu nome. Aliás, indica, cando foi deputado nas Cortes o nacionalista fixo unha especial defensa da necesidade de mellora do ferrocarril en Galiza. “O certo é que, 85 anos despois daquelas intervencións en que analizaba a falta de infraestruturas ligadas á dificultade para Galiza avanzar no desenvolvemento socioeconómico, segue a ser vixente en termos de desigualdade e discriminación con respecto a outros territorios do Estado español”.

Comentarios