BNG pide un compromiso “claro” do goberno español para a devolución gratuíta dos peiraos interiores da Coruña

FOTO VISITA DE ANA PONTÓN AO PORTO DA CORUÑA (2)

A portavoz do BNG , Ana Pontón anunciou que a organización nacionalista  porá en marcha “unha iniciativa institucional” para conseguir que o borde litoral interior da cidade da Coruña, unha vez que os terreos  sexan desafectados de usos portuarios, volvan “de maneira gratuíta” a ser terreos de uso público.

Acompañada polo candidato do BNG á alcaldía da Coruña, Francisco Jorquera, Pontón afirmou que o BNG pide a Sánchez o mesmo que pedía a Raxoi, “devolver os terreos ao seu lexitimo dono, o pobo da Coruña”. A portavoz reclamou o compromiso de Sánchez para desmarcarse do “protocolo da vergoña”, un convenio asinado por Feixóo e Íñigo de la Serna que representa  un “modelo fracasado” coa construción de  miles de vivendas baleiras e saturación de centros comerciais.

Pola súa parte, para a o candidato do BNG á alcaldía da Coruña, Francisco Jorquera resulta “inaudito” que o goberno municipal non exerza o liderado neste asunto e mesmo o alcalde amose a súa disposición ao Ministerio de Defensa para mercar os terreos do Campo da Estrada e a Maestranza cando “foron cedidos para uso militar e desafectado este uso, é de xustiza que se integren de maneira gratuíta ao pobo da Coruña”.

Comentarios