FESTAS EN LUGO

O BNG non asistirá ao pregón da Milagrosa para rexeitar a recuperación da 'Raíña das Festas'

Recuperar o evento “é un paso atrás no que non imos ser partícipes”, dixo a concelleira nacionalista Maite Ferreiro.

maite fereiro bng lugo
photo_camera Maite Ferreiro

O BNG - Asembleas Abertas anunciou a través da concelleira Maite Ferreiro que tanto ela coma o concelleiro Rubén Arroxo van estar ausentes no pregón das festas da Milagrosa en protesto pola recuperación este ano da Raíña das Festas. “Isto é un importante paso atrás no avance dunha sociedade igualitaria e nós non imos ser partícipes”, dixo Maite Ferreiro, lembrando tamén que en anos anteriores este acto non se realizaba. “Dende a nosa organización temos claro que un festival onde se cousifica ás mulleres” non ten cabida na alternativa de festas que defende o nacionalismo, apuntou a concelleira nacionalista. Ferreiro quixo facer tamén alusión ao “dobre discurso” que teñen algunhas persoas: “Todo o mundo fala pola boca grande de apostar por políticas de igualdade real, mais despois vemos que nos atopamos con prácticas que son totalmente o contrario”

O BNG-Asembleas Aberta pediu tamén, tal e como xa fixo no pasado, que non se dean cartos públicos a festas con actos deste tipo “é obriga das institución traballar por erradicar o machismo da sociedade, polo que teñen que evitar calquera tipo apoio ás festas que non asuman algo tan básico”

Finalmente dende o grupo nacionalista quixeron recoñecer o traballo feito pola asociación veciñal nos anos anteriores, facendo unhas festas exemplares, “apostando sempre por unha visión galega e popular”.

Comentarios