BNG e En Marea alertan do risco dun segundo calote das preferentes

Representantes de CIG-Banca mantiveron encontros con ambos os dous grupos parlamentares para alertar da posta en marcha de novos produtos finabceiros tócios pola banca

Rolda de prensa BNG-CIG
photo_camera Rolda de prensa BNG-CIG

BNG e En Marea levarán ao Parlamento iniciativas para protexer os clientes de entidades bancarias perante o risco dunha nova versión do calote das preferentes. Unha delegación da CIG-Banca reuniuse esta cuarta feira con ambos os dous grupos parlamentares aos que advertiu da posta en marcha de novos produtos financeiros tóxicos.

A portavoz nacionalista, Ana Pontón, anunciou “un compromiso para que se tomen todas as medidas necesarias de protección” porque, a pesar da normativa comunitaria “existe unha grande indefensión” d@S clientes de entidades bancarias. Nesta liña, dico, o BNG asume “o compromiso de trasladar ao Parlamento galego propostas para evitar unha estafa como a que  vivimos coas preferentes”. Ademais, anunciou reclamará “oficinas especializadas de atención aos clientes da banca” para actuar preventivamente ou protexelos ante abusos.

CIG abanca en mareaDesde En Marea, Antón Sánchez e Manuel Lago anunciaron que rexistrarán diversas iniciativas nas que se levará esta preocupación ao Parlamento e solicitarse un “cambio profundo” na Comisión Nacional do Mercado de Valores para que non volva a suceder “a desfeita e papel lamentable que os organismos reguladores tiveron na estafa das preferentes”.

Clodomiro Montero, secretario nacional de CIG-Banca, avanzou que a  campaña que reclama protección ante a venda de produtos tóxicos será trasladada, ademais da Cámara galega, ao Congreso e Parlamento europeo. Na actualidade, dixo,  os clásico depósitos dos pequenos aforradores teñan unha rendibilidade  moi baixa e resulta a  clientela máis proclive a derivar eses aforros cara produtos tóxicos. Por outro lado, Clodomiro Montero denuncio “as políticas agresivas dos Bancos cos traballadores” co fin de colocar esa clase de produtos.

Comentarios