PODEMOS PERDE 10 ESCANOS EN APENAS UN MES

O BNG mantería a súa epresentación no Congreso e PP e Cs sumarían maioría absoluta

Unha sondaxe de Celeste-Tel para Eldiario.es vaticina entre 1 e 2 escanos para o nacionalismo galego nuns comicios que gañarían os populares. Forte suba de Ciudadanos, que desbancaría Podemos como terceira forza.

Congreso
photo_camera Congreso

O barómetro de 'El Diario' aponta a que nas eleccións xerais do 20 de decembro o BNG mantería representación no Congreso español, onde o nacionalismo galego está presente de maneira ininterrumpida desde 1996. O inquérito de 'Celeste-Tel' vaticina que o Bloque lograría 1 ou 2 escanos (na actualidade ten 2).

Este traballo aponta un forte ascenso de Ciudadanos, que pasaría ser terceira forza (56/59 deputados cando na enquisa de hai un mes dáballe 19 escanos), desbancando desa posición a Podemos (que lograría entre 20 e 23 representantes, 10 menos dos que este mesmo barómetro lle concedía en setembro). A suma dos escanos de Cs cos do PP (a forza máis votada e que tería entre 121 e 125 escanos) daría a maioría parlamentar a unha hipotética coligazón de populares e os de Albert Rivera. O PSOE atinxiría de 106 a 108 deputados fronte aos 110 que posúe agora. Mais a suma dos seus escanos cos de Podemos e Izquierda Unida (que tería entre 4 e 5 fronte aos 11 actuais) ficaría moi lonxe das maioría parlamentar.

O nacionalismo catalán tería representación nas súas diversas expresións políticas. A sondaxe dá a CDC 8 ou 9 escanos, a ERC entre 6 e 7 e a CUP de 1 a 2. No que atinxe a Euskal Herria, o PNV obtería 5/6 e a esquerda abertzale (Amaiur) 6/7. Geroa Bai mantería o seu escano. O traballo vaticina 3 deputados para Compromís e ningún para UPyD

Comentarios