BNG levará ao Parlamento a vulneración lingüística no Álvaro Cunqueiro

Montse Prado pide explicacións e responsabilidades á Consellería de Sanidade.

[Imaxe: Galipedia] Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo
photo_camera [Imaxe: Galipedia] Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo

O BNG levará ao Parlamento galego a vulneración de dereitos lingüísticos no Sergas, após a noticia publicada en Nós Diario sobre a denuncia formulada por un doente, polo trato recibido no Hospital Álvaro Cunqueiro.

A portavoz de sanidade nacionalista, Montse Prado anunciou que exixirá “expliacións e responsabilidades” á Consellaría de Sanidade polo acontecido no Hospital vigués e a través de diversas iniciativas pedirá “unha rectificación para respectar os dereitos lingüístos”.

Para a nacionalista, resulta  unha falta  “gravísima” e “inadmisíbel” a  situación vivida por un menor de idade no Hospital Álvaro Cunqueiro. A deputada reitera que non estamos ante “un caso illado” xa que o Sergas é un dos organismos públicos “que máis denuncias recibe cada ano da cidadanía por vulneración de dereitos lingüísticos como reflicte anualmente  o informe do servizo A Liña do Galego posto en marcha  pola Mesa pola Normalización Lingüística”.

Comentarios