O BNG leva a prórroga a ENCE a Bruxelas por entender que vulnera a lexislación europea

A portavoz nacionalista en Bruxelas, Ana Miranda, sostén que a pasteira incumpre normativa comunitaria en materia de medio ambiente.

Ana Miranda
photo_camera Ana Miranda

O BNG anunciou que vai levar perante a Unión Europea a decisión do goberno español en funcións de conceder unha prórroga na Ría de Pontevedra a Ence-Elnosa, por entender que a multinacional asteira vulnera normativa comunitaria en materia de medio ambiente. A portavoz nacionalista en Bruxelas, Ana Miranda, explica na interpelación que a empresa privada “incumpre sistematicamente a Directiva 91/271/CEE sobre o tratamento das augas residuais urbanas, comoxa foi denunciado no Parlamento europeo polo Bloque en reiteradas ocasións”.

Miranda lembra que se estaba non proceso de alegacións no que entidades como a Plataforma pola defensa da Ría de Pontevedra esgrimiu como causa da non renovación da concesión, entre outras, o feito de que se supere o volume de 20 ppm de demanda bioquímica de oxíxeno (DBO) nas augas de vertido á Ria,cuestión que ten implicado unha condena por delito ecolóxico. Ademais, lembra Miranda, a Lei de Costas española prohibe verteduras de metais pesados que superen o máximo permitido pola lexislacióncomunitaria.

Comentarios