O BNG leva ao Parlamento as multas aos seus militantes por protestar contra a suba das peaxes

 O deputado Luis Bará enmarca as multas na escalada reprevista do estado contra a liberdade de expresión.

bara
photo_camera Bará, coa militante e os militantes do BNG multados

O grupo do Bloque Nacionalista Galego denunciará os ataques ás liberdades e dereitos fundamentais no hemiciclo galego. O deputado Luís Bará comunicou que levarán o caso das múltiples multas aos seus militantes por protestar contra a suba da peaxe da AP-9 nun acto que tivo lugar o pasado 30 de decembro. Estas penas estarían enmarcadas nun “proceso de involución democrática no Estado español”, apuntou o político.

Segundo sinalaron desde o BNG, os únicos delitos cometidos tanto polos seus militantes como polo resto de persoas vítimas desta represión é exercer a defensa práctica dos seus dereitos fundamentais. Isto acontece grazas ao aumento de recursos represivos cos que se está a armar o Estado español, ao abeiro do código penal coa denominada Lei Mordaza.

Desde exhibir a bandeira galega no campo de fútbol até exercer o dereito a greve, pasando por críticas a través de redes sociais, o Estado reprime de xeito autoritario as manifestacións da cidadanía para conseguir instaurar un ambiente de medo, autocensura e indefensión aprendida. Perante esta situación, Bará insistiu en que a súa fronte política “non se vai deixar amedrentar e vai seguir combatendo os abusos”.

Comentarios