“Morte aos caciques, viva a unión de labregos e traballadores”, berraban os campesiños en Ponte de Cans. Protestaban contra un imposto que consideraban inxusto e abusivo. Ducias de veciñas de Porto do Son e comarca asistiron ao acto convocado polo Bloque e en que, ademais de lembrar os feitos, se despregou unha pancarta cunha frase de Castelao: “Na nosa terra cumprirase a vontade dos mártires”.
Foi arredor desa idea do autor de Sempre en Galiza que xiraron as intervencións de Suárez, Torrado e Rego. Para rematar e ao son das gaitas, os asistentes depositaron flores no monolito que lembra os de Nebra.