O BNG insta Feijóo a posicionarse en financiamento: “A favor de Galiza ou de Rajoy e Montoro”

Ana Pontón denuncia que o actual sistema é “discriminatorio e inxusto” con Galiza, critica a indefinición da Xunta nun debate chave e aposta na “autonomía fiscal e financeira plena” para o noso país.

Foto Consello Nacional BNG 2 (1)
photo_camera Consello Nacional do BNG

“Un concerto económico que nos permitiría recadar o 100% dos nosos ingresos e despois facer contas co Estado”, que permita ter unha facenda galega e unha banca pública galegas, “evitando a fuga de 15.000 millóns de euros para outros”. Ana Pontón volveu este sábado, após o Consello Nacional do BNG, a poñer sobre a mesa as propostas da fronte nacionalista sobre financiamento, agora que este debate se vai situar abrir no Estado e coas consecuencias que iso, e o que nel se decida, vai ter sobre o noso país. “O que queremos saber é que propón a Xunta”, engadiu a portavoz do BNG.

Para o Bloque non é de recibo que o goberno galego non dea nin un chío sobre o debate de financiamento. Que fai Feijóo como presidente de Galiza a este respecto?, preguntaban retóricamente os nacionalistas,“Nada”, era a resposta, segue agardando “con submisión” a ver cal é o posicionamente desde Madrid. Por iso Pontón instou a Núñez Feijóo a se pronunciar sobre o financiamento, inquerirlle sobre en que bando está, “a  favor de Galiza ou de Rajoy e Montoro”.

Co último exercicio fiscal liquidado, explicou a portavoz nacionalist , Galiza achegou ao Estado vía impostos 11.131 millóns de euros, mentres este transferiu 7.043 millóns co actual modelo de financiamento.  As cifras constatan, recalcou, que  o actual sistema de financiamento “é discriminatorio e inxusto” e faille perder a Galiza arredor de “3.400 millóns de euros anuais”.

Bases Democráticas

A portavoz nacionalista tamén se referiu á campaña do BNG en torno ao documento Bases democráticas. Ademais de actos públicos e presentación a diversos sectores da sociedade, a campaña, dixo, continuará co contacto coas forzas políticas da oposición. Nese sentido, anunciou, xa hai contactos para facer unha presentación formal das Bases coas direccións  do PSdG e En  Marea,.

Comentarios