martes 27/10/20

O BNG impulsa un proceso participativo para incorporar achegas e propostas ao programa electoral

A fronte nacionalista vén de activar a web para as eleccións do 25 de maio coa participación como unha das súas trabes. #Ideasparanosdefender: ''Un espazo de información en continua actualización e, sobre todo, un espazo aberto á participación directa da cidadanía'', afirman 

ideas bng

Activar un espazo na rede de confluencia, de debate, de información, de achegas... O BNG vén de lanzar con eses, e máis, obxectivos a web para as eleccións europeas do 25 de maio. @s nacionalistas apostan por facer desta ferramenta algo máis que “un espazo de información en continua actualización” para non só abrilo á participación cidadá, senón implicar @s [email protected] e [email protected] parte da dinámica do proceso.

Nesta liña, un dos aspectos máis salientábeis para a organización nacionalista é o proceso que denominan #ideasparanosdefender, un ágora aberta para que aquelas persoas interesadas poidan achegar ideas, propostas, iniciativas... para ser incorporadas ao programa electoral que o BNG leva a estes comicios. É un proceso que complementa, afirman desde a fronte nacionalista, a rolda de contactos e xuntanzas con colectivos e movementos sociais.

Entre [email protected]

O BNG salienta a receptividade que  #ideasparanosdefender está a ter malia activarse hai poucas horas. Así, afirman que xa se recibiron achegas sobre as pensións contributivas para as amas de casa, supresión das axudas europea aos espectáculos taurinos e medidas para mellorar a eficiencia enerxética e promover o uso de enerxías renovables, participación directa de Galiza nas negociacións en Bruxelas de temas que lle afecten, defensa da lingua na Eurocámara.. Ademais da formulación de ideas e propostas, pódese votar cada unha delas como forma de expresión de adhesión ou preferencia.

A páxina web tamén ofrece un resumo do traballo realizado pola candidata Ana Miranda como eurodeputada nesta lexislatura e facilita información sobre a candidatura, o Manifesto Os Pobos Deciden e, as liñas básicas da alternativa do BNG ás europeas mentres se ultima o programa electoral co que a formación nacionalista concorre aos comicios do 25 de Maio.

comentarios