O vindeiro sábado 13 de xaneiro

O BNG homenaxea Castelao en Rianxo

A 67 da morte de Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, o seu pensamento e figura son aínda peza central da teoría e da práctica nacionalista. Así o recoñecerá o BNG nunha homenaxe na súa vila natal, Rianxo, o vindeiro sábado 13 de xaneiro.
 

Escultura_de_Castelao_en_Rianxo
photo_camera Estatua de Castelao, obra de José Escudero Couceiro, en Rianxo. Foto: cedida.

O acto será ás 12.30 horas e nel participará a dirixente de Galiza Nova Elvira Blanco -responsábel da organización para o Barbanza-, o alcalde de Rianxo Adolfo Muíños -o Bloque goberna a localidade desde 2011; en solitario desde 2015-, e mais a portavoz nacional do BNG Ana Pontón.

Esta “homenaxe nacional” ocupará o Paseo da Ribeira, onde unha estatua de José Escudero Couceiro colocada en 1975 lembra o emblemático debuxante, escritor e político, morto no exilio bonaerense un 7 de xaneiro de 1950.

Comentarios