O BNG fai públicos os gastos da campaña, 80.600 euros, sufragados sen recorrer a créditos bancarios

Os ingresos procederon exclusivamente das cotas e doazóns da militancia, afirman os nacionalistas.

bng gastos

O custo total da campaña electoral desenvolvida polo BNG polos comicios do 26 de xuño foi de 80.600 euros. Unha información que a fronte nacionalista remitiu á súa militancia en cumprimento dos acordos en materia de transparencia acordados polo Consello Nacional. Os gastos sufragáronse sen recorrer a crédito bancario algún, coas cotas ordinarias e extraordinarias da militancia e simpatizantes.

En relación cos ingresos, informa o BNG, procederon exclusivamente da cota extraordinaria conxunta (para eleccións xerais e galegas) entre militantes, así como de doazóns de simpatizantes. “Isto é: toda a campaña foi sufragada directamente pola militancia e base social nacionalista. A día de hoxe, están xa pagos e debidamente xustificados todos os gastos ocasionados”.


 

Comentarios