O BNG é a forza máis votada en 6 concellos e segunda en 182

O PP é o partido máis votado en 298 municipios e o PSdeG en 9.

Galiza betanzos xeografía vila cidade territorio

As eleccións do domingo deixan un mapa da Galiza tinxido de azul ‘popular’, cos de Núñez Feixoo sendo a forza máis votada en 298 dos 314 concellos do país. Un monocolor que só racha en 9 municipios onde o PSdeG se alzou coa vitoria e 6 nos que foi o BNG quen logrou máis apoio da veciñanza.

O nacionalismo foi a formación máis votada este domingo en Corcubión, O Grove, Soutomaior, Allariz, Verea e A Mezquita. E foi segunda forza en 182, entre eles seis das sete principais cidades da Galiza. O PSOE só foi quen de ser segundo en Vigo.

Os socialistas obteñen a vitoria en 9 concellos: A Illa de Arousa, Ribeira de Piquín, Negueira de Muñiz, Pedrafita, Calvos de Randín, Fornelos, Entrimo e Carballeda de Avia.

Comentarios