BNG enceta campaña 'Tod@s somos Snowden'

Impulsa unha recollida de sinaturas para pedir a Rusia que dea Asilo político a Edward Snowden e á ONU que lle outorgue o status de refuxiado político

Tod@s somos Snowden / O Pobo Galego con Snowden” é a palabra de orde sob a cal o BNG impulsa unha campaña de solidariedade para con este ex-espía da CIA “perseguido por expresarse contra sistemas de vixilancia masiva e omnipresente empregados polos USA “.

O Bloque realiza unha recollida de sinaturas en change.org para pedir ao goberno ruso que lle dea asilo político, ao executivo español que lle condea salvoconducto para poder atravesar este estado, e a ONU que cualifique a Snowdend e refiuxiado político.

Para o BNG, “o Goberno e os servizos de intelixencia dos USA, desde que Snowden puxo ao descuberto, con coñecemento de causa e probas irrefutábeis, os seus métodos de control e a inxustiza e perversidade ás que serven, están empeñados na súa persecución, caza e captura, como escarmento perante o mundo”

"Claro servilismo aos USA"

“Non podemos tolerar que os Gobernos da UE, e en particular o do Estado español, con claro servilismo aos USA, actúen fóra da lei e contribúan indignamente a impedir que Edward Snowden poda viaxar a América Latina ou calquera outra parte do mundo para vivir libre de persecucións e obter asilo político”, sinala a fronte nacionalista.

O Bng afirma: “ Tod@s somos Snowden. Vainos a vida en que a extorsión, a chantaxe e a intimidación dos USA fracase, polo noso ben, como persoas, polo dereito de todos os pobos do mundo a seren libres, sen teren que padecer dominios imperiais”.

Comentarios