BNG discrepa do programa de mínimos e non gobernará con Ferrol en Común e PSOE

O grupo nacionalista apoiará o cambio de goberno en Ferrol pero considera que existe “indeterminación en asuntos importante” para sumarse ao pacto.


Ferrol en Común (FeC) e PSOE chegaron a un pacto durante a cuarta reunión para conformar unha coligazón de goberno. O BNG desmarcouse do acordo por “discrepancias de calado” no programa de mínimos, polo que apoiará o cambio de goberno en Ferrol pero non formará parte do mesmo.

O grupo nacionalista asegura que “non poden obviar” as diferenzas e apunta á “indeterminación en asuntos importantes” do programa. O acordo recolle os compromisos de FeC e PSOE para a próxima lexislatura, que arranca o 13 de xuño, e que se concretarán nas próximas reunións. 

O grupo nacionalista asegura que “non poden obviar” as diferenzas e apunta á “indeterminación en asuntos importantes” do programa. 

O BNG non estará presente na seguinte xuntanza, prevista para este luns, segundo recolle Europa Press. Os nacionalistas trasladarán a resolución a unha asemblea que tomará a última decisión.

FeC e PSOE gobernarían en minoría con 11 concelleiros e concelleiras, o mesmo número de edís que o PP, que compartiría oposición co BNG (2) e Ciudadanos (1). A coligazón manifestou que a entrada dos nacionalistas sería “esencial” no futuro goberno mais consideran “respetable” -se finalmente manteñen a decisión- porque serán unha “oposición leal e construtiva”.

Jorge Suárez, candidato de Ferrol en Común, será o novo alcalde, en substitución do popular José Manuel Rey Varela. A candidatura popular e os socialistas lanzarán un comunicado conxunto para explicar o acordo. 

 

Comentarios