DEPUTACIóN DA CORUñA

O BNG di que a correlación de forzas dá pé a unha Presidencia súa

O secretario de Organización do BNG, Bieito Lobeira, sinala que "a pelota está no tellado das outras organizacións", en referencia á elección da Presidencia da Deputación.

En resposta aos medios de comunicación, o secretario de Organización do BNG, Bieito Lobeira, sinalou que “a aritmética ou a correlación de forzas na Deputación da Coruña dá pé a un tipo de solución que, mecánicamente, non é a presidencia do PSOE”. “Neste momento a pelota está no tellado doutras organizacións”, engadiu Lobeira, en alusión á Marea Atlántica (con tres representantes na Deputación, a Compostela Aberta (con un) e a Alternativas dos Veciños (con un).

Bieito Lobeira puxo de manifesto que as citadas formacións políticas “teñen a posibilidade de escoller a súa preferencia: unha presidencia do PSOE ou unha presidencia nacionalista que aposta por un proceso de adelgazamento das deputacións e pola democracia real”. “Neste momento, a propia aritmética democráctica dentro da Deputación permite esa posibilidade e nós queremos explotala até o último momento”, salientou en declaración recollidas por Europa Press

Ángel García Seoane, alcalde de Oleiros e líder de Alternativa dos Veciños, en conversa con Sermos Galiza xa avanzara o seu voto para o Bloque, pois asegurou que concorda co 90% da proposta política do BNG para as Deputacións. Esta tarde, a Marea Atlántica celebra unha asamblea para decidir o sentido do voto dos seus tres representantes na Deputación da Coruña.
 

Comentarios