O BNG denuncia uso partidista de fondos públicos en Augas de Galiza

Beneficiar concellos gobernados polo Partido Popular. Isto é o que pretende Augas de Galiza, segundo o grupo parlamentar do BNG, unha vez analizado o reparto de fondos do ente público. E é que de 66 convenios asinados, foron beneficiados 57 concellos gobernados polo PP.

[Imaxe: Xunta] A conselleira Beatriz Mato, nunha recente visita á depuradora de Gandarío
photo_camera [Imaxe: Xunta] A conselleira Beatriz Mato, nunha recente visita á depuradora de Gandarío, onde se realizaron obras pagadas por Augas de Galiza.

O BNG, a través do seu deputado Luís Bará, vén de presentar no parlamento unha batería de preguntas para pedir explicacións en relación ao “uso partidista dos fondos públicos” por parte de Augas de Galiza. O nacionalista sinala que o DOG do 3 de novembro non deixa lugar a dúbidas.

De 66 convenios que se asinaron entre o 13 de xuño de 2016 e o 31 de agosto de 2016 (datas próximas a convocatorias electorais) resultaron favorecidos 57 concellos gobernados polo PP.O parlamentar nacionalista pon a ollada, pola súa contía, nos convenios asinados coa Laracha (por valor de 2 millóns); Boqueixón (1 millón); Cotobade (1,85 millóns); Arteixo (1 millón); Foz (8 millóns).

“Da información publicada dedúcese que Augas de Galiza actúa dunha maneira escurantista, partidista e arbitraria na distribución dos seus fondos, favorecendo concellos gobernados polo PP e discriminando concellos doutros signos político”, denuncia o grupo parlamentar nun comunicado de prensa.

Relación de convenios cuxo valor supera os 200.000 euros

  • Foz (PP): 8.000.000
  • A Laracha (PP) 2.000.000
  • Cotobade (PP) 1.850.000
  • Betanzos (PSOE) 1.000.000
  • O Boqueixón (PP) 1.000.000
  • Valga (PP) 930.000
  • Noia (PP) 900.000
  • Frades (PP) 800.000
  • Cospeito (PP) 733.650, 71
  • Vedra (PP) 700.000
  • Outeiro De Rei (PP) 600.000
  • Ourense (PP) 600.000
  • Crecente (PP) 555.000
  • Castro De Rei (PP) 500.000
  • *Consorcio Louro e Mos (PP) 500.000
  • Porto Do Son (PP) 451.059, 54
  • *Consorcio Louro e O Porriño (PSOE) 425.000
  • Trazo (PP) 415.000
  • A Peroxa (PP) 411.129, 52
  • Sober (PP) 405.000
  • Fisterra (PSOE) 382.969,79
  • Salvaterra (PP) 365.000
  • Celanova (PP) 360.000
  • Mos (PP) 350.000
  • Lobios (PP) 350.000
  • Paradela (PP) 350.000
  • Riós (PP) 348.299, 81
  • Ortigueira (PSOE) 341.043, 96
  • A Gudiña (PP) 304.912
  • Abegondo (PP) 300.000
  • Dodro (PP) 250.000
  • Ribeira (PP) 225.000
  • Oímbra (PP) 204.735,52
  • Cerdedo (PP) 202.630,95
  • Lousame (PP) 200.000
  • Cervo (PP) 200.000
  • Baltar (PP) 200.000
  • Friol (PP) 200.000
  • Coirós (PP) 200.000

Comentarios