O BNG denuncia “falta de transparencia” nos novos contratos de transporte público

Pide  no Parlamento galego información dos  41 contratos adxudicados, gastos de licitación, empresas adxudicatarias e recursos humanos e materias para cumprir os horarios, servizos e liñas

O deputado do BNG, Luís Bará denuncia o que considera unha “falta de  transparencia” nos contratos de transporte público adxudicados pola Xunta e pide no Parlamento a documentación  relativa aos  gastos de licitación, empresas adxudicatarias, prezo das adxudicación así como información dos   recursos, tanto materiais como humanos pra cumprir os horarios, servizos e liñas. Afirma que as ofertas económicas das empresas adxudicatarias deben facerse “públicas” e reclama a subrogación de todos os traballadores e traballadoras.

O parlamentar nacionalista salienta que, “a día de hoxe”, a Xunta non informou dos cambios de servizos e liñas e lembrou que se está a provocar un importante número de incidencias ás persoas usuarias polo cambio de horarios, paradas, rutas e frecuencias.

Pide tamén que se adopten as medidas necesarias para solucionar os problemas e evitar que estes se incrementen co inicio do curso escolar. 

Comentarios