O BNG denuncia a instrución con armas a escolares no 75 aniversario da Escola naval de Marín

O deputado Luís Bará esixiu ao goberno galego “abrir un expediente”

luis bara marin escola naval

O BNG denuncia que no marco das actividades escolares na celebración do 75 aniversario da Escola Naval de Marín, que decorreu o 1 de xuño, instruíuse a alumnos e alumnas no uso de armas “de gran calibre”.

Luis Bará, deputado nacionalista,  amosou diversas fotografías dos militares instruíndo a nenos e nenas  na utilización e uso de armas e rexeitou que este adestramento sexa comparable ás visitas que realizan habitualmente os escolares a institucións ou outro tipo de centros.  Estas imaxes reflicten aseverou, que non se tratou exclusivamente dunha  visita a instalacións militares, foron “actividades de coñecemento, manexo e simulación no uso de armas de grande calibre” en centros escolares. O acontecido, recalcou Bará,  “non é propio da educación escolar” nin da participación de alumnos de 6,7 e 8 anos no uso das armas. 

O deputado nacionalista pediu ao goberno galego abrir un expediente e tomar as medidas necesarias para que esta situación non se volva a repetir. Segundo o BNG, o secretario xeral de educación, Jesús Oitavén comparou  a actividade militar nos centros escolares coas  que se realizan habitualmente a institucións ou centros cívicos e profesionais,

Comentarios