BNG e CxG concordan na importancia de construír unha candidatura en chave de país

Ambas as organizacións reuníronse esta cuarta feira para achegar posturas arredor dunha candidatura unitaria ás europeas.

BNG e CxG partillaron un encontro esta cuarta feira como parte da rolda de contactos que a fronte nacionalista está a desenvolver de cara aos comicios ao Parlamento europeo de 2014. 

A xuntanza, en que participaron Bieito Lobeira, secretario de Organización do Bloque, Xoán Báscuas, secretario xeral de Compromiso, Ana Miranda e Paulo Carlos López, desenvolveuse de maneira "cordial" e "construtiva", aseguran desde o BNG nun comunicado.  

Após rematar a primeira rolda de encontros coas demais forzas soberanistas, salientan desde o BNG, retomarán os contactos con CxG. 

Comentarios