O BNG critica o "exercicio de submisión" de Feixoo ao PP madrileño

O BNG critica o líder dos populares galegos por "dedicar esforzos a agradar a caverna madrileña" e non a "responder os intereses da Galiza".
O deputado do BNG no Parlamento galego Luís Bará (Nós Diario).
photo_camera O deputado do BNG no Parlamento galego Luís Bará (Nós Diario).

As verbas de do presidente da Xunta e líder dos populares galegos, Alberto Núñez Feixoo, na apertura do curso político do PP non pasaron inadvertidas para o BNG, que acousouno de "dedicar esforzos a agradar á caverna madrileña" e non a "responder os intereses da Galiza".

O deputado nacionalista Luís Bará cualificou o acto de apertura do curso político do PP celebrado este domingo no concello pontevedrés de Cercedo-Cotobade, de "vasalaxe político" e "exercicio de submisión e subordinación" ao PP de Casado e á estratexia do partido popular madrileño.

"Móstrase a cara máis centralista de Feixoo, incapaz de defender a ampliciación do autogoberno e un novo sistema de financiamento con máis capacidade fiscal. É vergoñoso que non reclame as transferencias pendentes e que presente o patético balance de cero competencias novas en 12 anos como presidente da Xunta", afirmou Bará.

Cómplice do espolio enerxético

O deputado nacionalista asegura que Núñez Feixoo é "cómplice" do "espolio enerxético que sofre Galicia" ao "non reclamar as trasferencias das concas hidrográficas".

"É absolutamente patético e perverso que se lamente da situación da sanidade pública cando el é promotor de políticas reaccionarias que levaron ao sistema sanitario a unha situación límite", afeou o deputado do BNG, que lamentou que o presidente da Xunta "cale e outorgue ante os grandes poderes madrileños: Ence e as grandes eléctricas".

Comentarios