BNG considera que é o momento de “dar un xiro de 180 grados” na política forestal

Entre as propostas, que o Pladiga non se retraso na aprobación máis aló do mes de abril e a exixencia a Audasa de que respecte as franxas de seguridade forestal.

ANAPONTON RPLUNS5XUÑO17 2

A portavoz do BNG, Ana Pontón, considera que é chegado o momento de “dar un xiro de 180 grados” na política forestal en Galiza, rachando con todas estas décadas de “fracasos” e de sometemento a Ence que fixeron do país un “auténtico polvorín”. A nacionalista expuxo unha serie de medidas a curto e medio prazo que procura ir dando remate á lacra dos incendios forestais.

Así, entre as primeiras medidas a adoptar estarían a de facer efectivas as franxas de seguridade en vivendas e infraestruturas, así como a aprobación do Pladiga con data límite no mes de abril.  “A Xunta non pode tirar balóns fora, ten que mollarse, non pode deixar soas nin ás persoas nin aos concellos que non dispoñen de medios para poñer orde neste caos creado pola política forestal do PP”, salientou Pontón, “o que non pode facer o Goberno galego é responsabilizar a todo o mundo para eludir as súas responsabilidades, como pode dicir que non responsabilidades cando determina a política forestal do país?”, interpelou.

Nas medidas a  medio prazo, o BNG aposta nun pacto de país para mudar a actual política forestal e ordenar o monte e, neste sentido.

Comentarios